Contrato social de Debian
Version 1.2 ratificada no 1 de outubro de 2022.
Substitúe a versión 1.1, ratificada o 26 de abril do 2004, e a versión 1.0, ratificada o 5 de xullo de 1997.
O proxecto Debian, creador do sistema Debian, creou o Contrato Social de Debian. As directrices de software libre de Debian (DFSG), que son parte do contrato e foron inicialmente deseñadas como un conxunto de obrigacións que aceptamos acatar, foron adoptadas pola comunidade de software libre como a base da definición de código aberto.
Contrato social
coa comunidade de software libre
-
Debian permanecerá 100% libre
Proporcionamos as directrices que usamos para determinar se un traballo é
libre
no documento tituladoThe Debian Free Software Guidelines (As directrices de software libre de Debian)
. Prometemos que o sistema Debian e todos os seus compoñentes serán libres de acordo con esas directrices. Apoiaremos a xente que cree ou use tanto traballos libres como non libres en Debian. Nunca faremos que o sistema requira un compoñente non libre. - Contribuiremos á comunidade de software libre
Cando escribamos novos compoñentes do sistema Debian, licenciarémolos de forma consistente coas Directrices de Software Libre de Debian. Faremos o mellor sistema que poidamos, de forma que os traballos libres sexan amplamente distribuídos e usados. Comunicaremos os arranxos de fallos, melloras e peticións dos usuarios aos
autores orixinais
dos traballos incluídos no noso sistema. - Non agocharemos os problemas
Manteremos a base de datos de informes de fallos completa aberta ao público para a súa consulta en todo momento. Os informes que a xente cubra en liña serán visíbeis aos demais sen demora.
- As nosas prioridades son os usuarios e o software libre
Guiarémonos polas necesidades dos nosos usuarios e da comunidade de software libre. Poremos o seu interese como a primeira das nosas prioridades. Apoiaremos as necesidades dos nosos usuarios para operar en moitos tipos diferentes de ambientes de computación. Non poremos obxección a traballos non libres pensados para ser usados en sistemas Debian, nin trataremos de cobrarlle á xente que cree ou use eses traballos. Permitiremos a outros crear distribucións contendo o sistema Debian e outros traballos, sen taxas pola nosa parte. En persecución destes obxectivos proporcionaremos un sistema integrado integrado de materiais de alta calidade sen restricións legais que preveñan estes usos do sistema.
- Traballos que non cumpren os nosos estándares de software libre
Sabemos que algúns dos nosos usuarios precisan do uso de traballos que non seguen as Directrices de Software Libre de Debian. Para estes traballos creamos as áreas
econtrib
no noso arquivo. Os paquetes nestas áreas non son parte do sistema Debian, inda que estean configuradas para ser usadas con Debian. Pedimos aos creadores de CDs que lean as licenzas dos paquetes nestas áreas e determinen se poden distribuír os paquetes nos seus CDs. Desta maneira, inda que os traballos non libres non son parte de Debian, apoiaremos o seu uso e proporcionamos unha infraestrutura para os paquetes non libres (como o sistema de seguimento de fallos ou as listas de correo). Os discos oficiais de Debian, de forma excepcional, poderán incluír «firmware» de fóra do sistema Debian para permitir o uso de Debian cos dispositivos que así o precisen.non-free
As Directrices de Software Libre de Debian (DFSG)
Libre Redistribución
A licenza dun compoñente de Debian non poderá restrinxir a ningunha das partes a venda ou dación do software como compoñente dunha distribución de agregación de software que conteña programas de diversas fontes. A licenza non deberá esixir compensación por dereitos de autor ou outras taxas por unha venta deste tipo.
Código Fonte
O aplicativo debe incluír o código fonte, e debe permitir a súa distribución, tanto como código fonte como en forma compilada.
Traballos Derivados
>A licenza debe permitir modificacións e traballos derivados, e debe permitir que sexan distribuídos baixo os mesmos termos da licenza do software orixinal.
Integridade do Código Fonte do Autor
A licenza poderá restrinxir a distribución do código fonte modificado só se a licenza permite a distribución de
ficheiros de parches
co código fonte para poder modificar o aplicativo á hora de compilalo. A licenza debe permitir explicitamente a distribución de software construído a partir de código fonte modificado. A licenza pode requirir que os traballos derivados leven un nome ou número de versión distintos ao do software orixinal. (Isto é un compromiso. O grupo Debian anima aos autores a non restrinxir a modificación de ningún ficheiro, sexa código fonte ou binario.)Non Discriminar a Persoas ou Grupos
A licenza non debe discriminar ningunha persoa ou grupos de persoas.
Non Discriminar por Área de Uso
A licenza non debe restrinxir a ninguén o uso do programa nunha área ou campo concretos. Por exemplo, non pode impedir que se use o programa nun negocio, ou para a investigación xenética.
Distribución da Licenza
Os dereitos asociados ao aplicativo deben aplicarse a todo aquel a quen se lle redistribúa, sen necesidade da execución de ningunha licenza adicional pola súa parte.
A Licenza Non Debe Ser Específica para Debian
Os dereitos asociados ao programa non poden depender de que este sexa parte do sistema Debian. Se o programa se extrae de Debian e se usa ou distribúe sen Debian, pero sempre dentro dos termos da licenza do programa, todas as partes ás que se redistribúa o aplicativo deben ter os mesmos dereitos que son concedidos en conxunción co sistema Debian.
A Licenza Non Debe Contaminar Outro Software
A licenza non debe engadirlle restricións a outro software que se distribúa xunto co software con licencia. Por exemplo, a licenza non debe insistir en que todos os outros programas cos que sexa distribuído no mesmo medio deban ser software libre.
Exemplos de Licenzas
As licenzas
GPL
,BSD
, eArtistic
son exemplos de licenzas que consideramoslibres
.
O concepto de estabelecer o noso contrato social coa comunidade de
software libre
foi suxerido por Ean Schuessler. Bruce Perens creou un
borrador deste documento, que foi revisado por outros desenvolvedores de
Debian nunha conferencia por correo electrónico que durou todo un mes, en
xuño de 1997, e despois foi
aceptada como a política publicamente estabelecida do proxecto
Debian.
Posteriormente Bruce Perens creou A Definición do Software Aberto
eliminando as referencias
exclusivas de Debian das Directrices de Software Libre de Debian.
Outras organizacións poden basearse neste documento. Se o fan, por favor, fagan referencia ao proxecto Debian.