Aviso! Esta tradución está moi desfasada, consulte o orixinal.

Doazóns a «Software in the Public Interest»

Doazóns de cartos

Debian é o nome do proxecto, e Debian é como se chama a distribución que creamos. Para xestionar as doazóns de cartos creouse unha corporación sen ánimo de lucro, Software in the Public Interest.

A pesar de estar creada por voluntarios ao redor de todo o mundo, Debian ten gastos que foron, durante moito tempo, pagados dos petos duns poucos desenvolvedores. Estes gastos inclúen o rexistro do dominio debian.org, a gravación de CDs para probar novas versións, viaxes e gastos de aloxamento non pagos para asistir a conferencias, etc.

Moitas das doazóns ata o de agora foron de usuarios agradecidos. Inda que todas as doazóns son benvidas, espérase especialmente dalgunhas das empresas que gañan cartos a través de Debian (fabricantes de CDs, empresas de asistencia técnica, ou incluso empresas que dependen de Debian para as súas operacións diarias) que contribúan cun porcentaxe dos seus beneficios para axudar a facer de Debian o mellor sistema operativo posíbel.

Se quere facer unha doazón económica a Debian, consulte a páxina de doazóns de SPI. Asegúrese de especificar que os cartos son para Debian. Xa que SPI é unha organización sen ánimo de lucro, pódense expedir recibos para xustificar nas declaracións de impostos.

Nalgunhas partes do mundo poderá ser máis doado facer a doazón a unha organización asociada a «Software in the Public Interest» (consulte a páxina de doazóns de SPI para obter información actualizada):

Doazóns de equipamentos e servizos

Dado o pequeno presuposto que manexa Debian non lle resulta posíbel, en este momento, comprar e manter as súas propias computadoras e conexións á rede. Por tanto dependemos da doazón de equipamento e servizos de empresas e universidades para manter Debian conectado ao mundo.

Se a súa empresa ten máquinas sen usar, ou equipamento de sobra (discos duros, controladores SCSI, tarxetas de rede, etc.), por favor, pense en doalos a Debian. Contacte co noso delegado de doazóns de hardware para obter máis detalles.

Debian mantén unha lista de hardware desexado para varios servizos e grupos dentro do proxecto.


As seguintes son listas de organizacións que fixeron doazóns de equipamento ou servizos a Debian: